A ESCOLA en PIJAMA

Benvidos, benvidas,  á WEB que poñemos ó voso servizo a AULA HOSPITALARIA do Complexo Universitario de A Coruña, no Hospital Materno Infantil Teresa Herrera.

Agardamos que a vosa estancia nesta páxina sexa motivadora e poda axudar a que o día a día no Hospital,  ou no aillamento, sexa un tempo tamén de aprendizaxe divertido, de construir proxectos, de crear e de sentir que non estamos sos! : estamos ó teu carón e  XUNTOS somos moi fortes!

           Qué podes facer aqui?

Fai CLIK na casilla superior da imaxe principal e visita tódolos recursos por materias que podes disfrutar .

Visita o noso blogue e participa, ben mandando as túas obras, poemas, proxectos, fotos das túas creacións ou facendo propostas para compartir.

Esperamoste tamén no CHAT! 

               Tenta desfrutar así estes días, fai deste aillamento unha experiencia transformadora en positivo para todos!.

A Consellería de Educación e o Servizo Galego de Saude -SERGAS-   firmaron un convenio para atende-lo  voso dereito a recibir atención escolar e/ou aportarvos propostas  lúdico-educativas (dependendo da duración da vosa estancia no Hospital) se estás enfermo, aillado , ingresado ou tes que recibir tratamiento no Hospital de Día.

 

 Estamos situados no terceiro andar do Hospital Materno Infantil Teresa Herrera de A Coruña e compartimos o espazo da CiberAula con proxectos da Fundación Maria José Jove y  La Caixa.

¡GRAZAS a ambas institucións, e a todas aquelas entidades que actúan de forma desinteresadada para que a vosa estancia no Hospital sexa entretida e proveitosa (voluntariado Universidade, Cruz Vermella, Terapia asistida con cans Montegatto, Fundación Teodora, Club de Leones de A Coruña, etc..).

E sobre todo, GRAZAS INMENSAS ás vosas familias por apoiarnos  mutuamente e ó personal sanitario, Traballadora Social, personal  de administración e servizos do Hospital, por facer que  cada día este  grande equipo funcione, e permitirnos traballar xunto a eles, con ilusión e forza, para o voso bienestar.

ATOPA NO BLOG arriba, as nosas novedades. Participa e sinte o pulso diario da ESCOLA do Hospital!

LLámanos

0034

981178108

aescolaenpijama@gmail.com

Encuéntranos:

Aula Hospitalaria Teresa Herrera

Hospital Materno Infantil

As Xubias, s/n

15006 A Coruña

© 2023 by Feed The World. Proudly created with Wix.com